Resultado de imagen de foto trotsky

* Xurxo Rodríguez Pérez

http://distopias18.blogspot.com.es/2017/08/el-asesinato-de-trotsky.html 

Estamos no mes de Agosto e un día 20 de tal mes falecía en México o revolucionario Lev Bronstein, máis coñecido como León Trotsky. Foi asasinado con piolet por Ramón Mercador, axente stalinista catalán, baixo identidade falsa.

Aquel feito tivo gran repercusión social e mesmo transcendencia histórica. A acción de Mercader decapitaba a Cuarta Internacional, creada en París dous anos antes, en setembro de 1.938. Trotsky, o seu máximo inspirador e impulsor, non puidera asistir, aínda que foi o autor do seu Programa fundacional, coñecido como Programa de Transición.

Tendo en conta a relevancia da figura histórica de Trotsky a súa morte pode considerarse un magnicidio. Ramón Mercador tras pasar 20 anos no cárcere sairá rumbo á URSS para acabar os seus días no paraíso cubano.

Transcorridos 77 anos daqueles lutuosos sucesos a URSS implosionou en 1.991 e o culto actual a Stalin profésano fundamentalmente sectores ultranacionalistas rusos e eslavos que o ven como unha icona nacional-popular.

Chegou mesmo a converterse en símbolo e estandarte da nova versión do espazo xeopolítico de Eurasia e é máis apreciado pola extrema dereita Nacional -Bolxevique, ata na Alemaña actual, onde os revisionistas históricos recuperan a figura de Otto Strasser, denominada esquerda Nacional do Partido Nazi.

Xa nos anos vinte suscitaban un lebensraum coa pretensión da anuencia de Stalin. Ao fin, nos trinta o Pacto Molotov -Ribbentrop sería a confirmación efémera e errada de tal propósito a costa polo menos de Polonia.

Cal sería hoxe a ollada de Trotsky sobre Stalin aos pés da desfeita da URSS, sobre os resultados da edificación do socialismo nun só país?.

A Historia expediu a súa certificación. O asasinato de Trotsky en Coioacán ademais de cruel resultou completamente inútil. O internacionalismo de Trotsky, aínda que non fose cualificado de proletario, cando menos soubo enxergar con maior acuidade o mundo presente tralo delirio megalómano do seu encarnizado perseguidor.

* Xurxo Rodriguez Pérez é analista político e membro da corrente A Forza da Xente