Buscar

aforzadaxenteblog

mes

febrero 2017

UNED e Área Metropolitana de Vigo.

Resultado de imagen de imagenes aula magna uned vigo

Xurxo Rodríguez Pérez *

 

En datas recentes constituíuse con legalidade e lexitimidade plenas a área Metropolitana de Vigo, agrupación de Municipios que pretende dar cobertura na mellora de servizos a un hinterland de poboación próximo ao medio millón de habitantes e cuxo epicentro ineludible é o Municipio de Vigo, sequera por peso demográfico absoluto e relativo no conxunto da Área e nodo central de servizos.

Está claro que os beneficiarios das novas políticas metropolitanas poden tratarse global ou desagregadamente por colectivos diversos e específicos. Nalgún caso o Concello de Vigo en solitario xa se ten adiantado en atención e prestacións.

Un destes colectivos somos os alumnos da UNED e ben puidesen tratarse os nosos problemas como política sectorial do Área.

Vexamos algúns datos e consideracións:

1. Contamos cunha estimación aproximada de cinco mil alumnos no centro asociado de Pontevedra, dos cales descoñecemos o número exacto dos de Vigo e a súa área. Sería oportuno reclamar esa información á dirección do centro.

2. Dos ingresos ao orzamento daquel , non menos do corenta por cento procede da aportación das matrículas, canto representa de leste monto o importe abonado polos alumnos de Vigo e Área Metropolitana? . Ben estaría sabelo para que cando menos unha parte redundase en beneficio directo da Aula de Vigo.

3. Agora mesmo estamos en proceso de exames, sería moito pedir unha bonificación no transporte para os desprazamentos a Pontevedra e para aqueles que o fagan en servizo público unha sincronización do interurbano co enlace urbano Estación-Monteporreiro? . Ou ben estudar a opción de examinar na Aula de Vigo. Hoxe temos instalación.

4. Téñase presente que nos Estatutos fundacionais de UNED non se establece como sé obrigatoria dos centros asociados a condición de capital de provincia. O caso de Calatayud en Zaragoza ilústrao claramente.

5. O feito da distancia opera en detrimento do rendemento competitivo en exames do alumnado vigués e a súa área.

6. Agora estamos en proceso electoral interno a claustrais e axiña a delegados de facultades e escolas, que tal se consideramos a opción de constituír corpo electoral propio os matriculados na Aula de Vigo, Tui e a súa área aínda que actualmente non atopemos recoñecemento a esta condición?.

O anteriormente exposto son liñamentos básicos para unha reflexión coa ollada posta na acción ou decisión política. De ser asumidas como iniciativas metropolitanas e non ser tan sequera escoitados ou non sentirse interpelados os directivos de UNED, a opción da segregación cobrará forza, téñase claro que con ela ninguén sería prexudicado, pois Pontevedra conservaría o seu centro e pola contra Vigo sairía beneficiada.

En toda esta problemática a voz da Deputación naturalmente estaría presente. Novos tempos, novas políticas.

* Xurxo Rodríguez Pérez é analista político e presidente da A.C.G NO OLLO DO FURACÁN

Anuncios

Cuba, na encrucillada da Guerra Fría

Resultado de imagen de fotos cuba guerra fria

Xurxo Rodríguez Pérez *

Vértice tricontinental de encontro entre América, África e Europa, nos anos sesenta e setenta do pasado século, a Revolución Cubana feita cerna e representación  na efixie sobranceira de Fidel.

A Revolución entrando trunfante na Habana en Xaneiro do cincuenta e nove , proxectando o seu  fulgor nos lustros vindeiros.

En Indonesia no ano 1955 tivera lugar a Conferencia de Bandung, que convocara a líderes, principalmente de Asia y África, dos territorios emancipados do colonialismo. Entre eles, Sukarno, Nehru ou Nasser.

Como proxección deste econtro no ano 1961 en Belgrado constitúese o MPNA(Movemento de Países Non Alineados). Como pano de fondo a Guerra Fría . O MPNA sintetiza os principios do desarme nuclear, neutralismo e antiimperialismo así como un desenvolvimiento económico autocentrado e baseado na equidade más relacións internacionais.

Conflicto vivo destacado, nos sesenta e primeira metade dos setenta na península de Indochina, a intensificación da Guerra en Vietnam, herdanza do colonialismo francés nás gadoupas do Imperio gringo.

Neste contexto, nos sesenta, emerxe a figura imponente de Fidel Castro liderando Cuba rebelde. A presencia e intervención na Asamblea da ONU e posterior entrevista con Jruschov iniciará unha singular proxección  xeopolítica da Illa e do seu comandante que chegará ao clímax na crise dos misís de 1962. Un territorio relativamente pequeno cobrará unha trascendencia global nas relacións internacionáis, máis alá do seu espacio hemisférico.

Cuba será un espolón no costado do imperialismo ianqui. Os primeiros anos da Revolución serán coetaneos da administración Eisenhower e de John Kennedy, baixo esta última presidencia se darán feitos decisivos na consolidación da Revolución e do lanzamento como figura de primeira orde de Fidel. Son os anos das expropiacións de terras das Corporacións Norteamericanas e o inicio da Reforma Agraria cantada por Carlos Puebla e as conseguintes medidas do inicio do bloqueo e embargo. Tamén baixo Kennedy a política de desembarco en Baía Cochinos, derrotada, e finalmente a grave crise dos misís que porá a Fidel, Cuba e a Revolución no epicentro da encrucillada da Guerra Fría, como dicíamos máis arriba.

Estés feitos marcarán a ferro o devir da posición cubana no cenario internacional nos seguintes lustros, e aínda décadas, impriméndolle un carimbo indeleble, unha pegada perdurable. Xa coa chegada das independencias africanas do Imperio portugués e no caso de Angola, aló pola metade dos setenta do pasado século, a operación Carlota bríndalle apoio ao MPLA de Agostinho Neto frente as inxerencias de Zaire e Suráfrica, contribuíndo ao fin do apartheid nesta e a consolidación da independencia Angoleña nos anos da segunda metade dos setenta, oitenta ata inicio dos noventa.

No taboleiro da Guerra Fría foron os anos da DETENTE, dos que foron precursores a Ostpolitik de Willy Brandt e xa  a finais do 75 os Acordos de Helsinki e os diferentes econtros sobre limitacións de armamento estratéxico entre Brezhnev e as administracións Nixon e posteriormente Carter, expresadas nos SALTs.

Chegados os anos noventa, coa desaparición da URSS e do CAME, a Revolución Cubana entrará no denominado Período Especial. Fidel manteráse firme, sen concesions aos cantos de serea. Ahí se completará o  Século Vinte e un ciclo iniciado en Sierra Maestra e posterior entrada na Habana en Xaneiro do cincuenta e nove.

En todos estes longos anos  Fidel e a Revolución aparecen fundidos nuha soa peza. Dende a atalaia da Historia, Fidel asómase coma un Titán no cimo máis elevado do noso tempo, nos mellores debates e na máis esixente praxe política.

  • Xurxo Rodríguez Pérez é analista político e Presidente da Asociación Cidadá Galega NO OLLO DO FURACÁN.

 

Resultado de imagen de fotos cuba guerra fria

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

Subir ↑