Resultado de imagen de Foto Barrio Toural Teis Vigo

* Xurxo Rodriguez Pérez

Foi no Toural, Teis, cine Roxi, ano1978. Peche de campaña do Referendo da Constitución, pedíase a abstención consciente e activa.

Inverno, Teis envorcouse no acto e de moitos recantos de Vigo alí chegamos.

No cartel, entre os oradores, Méndez Ferrín, Pousada Covelo, Alonso Fontán e un representante de HB.

A sala do Roxy ateigada e xente na rúa, gran tensión emocional, non cesaban os berros de Amnistía Total, entre a asistencia atopábanse familiares e amigos de presos, non poucos da barriada obreira onde se estaba a celebrar aquela expresión popular.

O argumentario dos intervenientes se sintetizaba en tres negacións.

A primeira, un non á Monarquía, considerada sucesora do franquismo. A segunda, un non á imposición da indisoluble unidade da Nación española. A terceira, un non á economía de mercado, capitalista, a perpetuidade.

Advertíase que en caso contrario, de aprobarse aquela Constitución, quedarían blindados, ,aínda máis, bunkerizados, os anteriores principios enunciados, resultando a REFORMA COSTITUCIONAL practicamente inviable polos procedementos e quórum exixibles. Quórum, por certo, non requirido para a súa aprobación referendaria.

Finalmente, pendía a advertencia de que nun hipotético mañá esa Constitución deviría un instrumento oneroso para calquera anhelo de autodeterminación dos pobos ou simplemente republicana.

Ese agardado mañá é HOXE e ten por nome Catalunya.

E a profecía das voces do Roxy cumpriuse.

* Xurxo Rodríguez Pérez é analista político e membro da corrente A Forza da Xente

Imagen relacionada

Anuncios