Oscar Telmo

Por: Adolfo Temo Pérez *

Conformar listas non sempre vén acompañado de comportamentos dignos…

1º Nos debates sobre a «nova política», non é raro que aparezan referencias aos «movementos sociais». Unha cuestión antipática, pero tamén crucial, consiste en pescudar se realmente existen, canta xente forma parte deles e que influencia exercen.

Moitas veces idealízase aos MM.SS. (movementos sociais) como algo que non ten os vicios dos partidos, a final de contas a sociedade civil somos esa «gran cousa» que todos desexan, como quen leva uns zapatos novos

Desde o ano 2012 as protestas na rúa descenderon. Moitas veces afírmase que o movemento pendular dos últimos anos depositou todas as esperanzas nas urnas; non podemos deixar de valorar o efecto negativo desa esperanza non totalmente insatisfeita

A PAH (Plataforma de Afectadas/os pola Hipoteca) foi capaz de crebar a versión oficial que nos condenaba á soidade, ao medo e á fatalidade. Unha sociedade deprimida e culpabilizada non se mobiliza, e iso o poder sábeo. Por iso repetíannos todo o día grandes mentiras como que «os galegos [e o conxunto dos habitantes do Estado español] vivimos por riba das nosas posibilidades», «temos o que merecemos», «hai políticos corruptos porque neste país xa se sabe que todo o que pode rouba», ou o clásico «non hai alternativa». Crear a conciencia da solidariedade e apoio mutuo, de maneira que nunca máis ninguén se senta soa/o, e que xuntos  #SiSePode

Nun recente artigo líamos que os MM.SS.  «Non temos nin media hostia».  Tal é o desgaste e baixón do conxunto dos MM.SS. e de rebote medrou tamén un sentido patrimonialista de cada organización social, un «narcisismo das pequenas diferenzas». Unha visión estreita da necesidade da unidade. Visión non entendida como a perda dos perfís específicos e necesarios de cada organización [nos movementos sociais] senón nunha egoísta utilización dos mesmos como correas de transmisión dos intereses partidarios ou ben como demostración do suposto compromiso militante nun determinado campo social de determinada organización ou partido e así como moito dinche «vos apoiádenos» e termina nunha especie de envío mutuo de embaixadores para que «non digan que non fomos» Tal é a concepción que algúns teñen da acción unitaria…

Necesitamos da unidade de acción naquelas cousas que nos unen, deixando a actividade propia, importante e necesaria no plano que lle corresponde. Porén as convocatorias unitarias son cada día mais necesarias, promovendo o respecto mutuo e os acordos previos que deben ser respectados. É bo incorporar certa xenerosidade. Cada día desprezo máis o dogmatismo que resulta absurdo, do mesmo xeito que o exceso narcisista dos egos desmedidos

2º Estes dias unhas ou outras, os uns contra os outros buscan completar as súas listas para primarias

Procurando aquí, alí e acolá …  A varios persoas da PAH suxeríronnos que nos postulemos Descoñezo que dirán pero estou seguro do que queren. Empezarei dicindo que eu non teño pretensións dese tipo e xa manifestei que son un observador, non indiferente, pero só un observador. Veume á memoria unha frase de Pablo Iglesias «Para nós a unidade popular constrúese fundamentalmente coa sociedade civil e imos apostar por incorporar ás nosas listas a xente e a sectores que non son de Podemos». A función dos MM.SS. non é ter postos en listas, aínda que non digo que non sexa valioso, creo eu deberiades preocuparvos mais polo contido, das vosas propostas xa que iso é contar efectivamente cos MM.SS. levar por exemplo [as cinco propostas de vivenda] #As5DeLaPAH, xa que de non facelo, non ter presente algo tan xusto e tan elemental é algo que non di moito das conviccións do ofertante.

Repetimos que non somos un espazo de recreo. Sabemos moi ben que persoas retuitearon un simple tuit ou un gústame nas redes sociais ou na páxina web da PAH. Non somos de pasar lista, pois decatámonos de que non somos o centro do universo, mais ben somos «pouquiña cousa» e tamén é posible que os tempos non nos deixen estar ao tanto de todo. Pero non consentimos o insulto e ninguneo, ademais se é así porqué tanta chamada ?

Tras o 15 M os partidos e tamén os sindicatos saben que perderon o privilexio exclusivo da acción política e decátanse de que é posible que amplos sectores da sociedade civil se organicen politicamente sen eles; son conscientes de que é necesario comunicar eficazmente sen intermediación mediática e igualmente perciben que é necesario crear contidos de importancia transcendental, A PAH Vigo-Tui e a PAH no seu conxunto á que pertenzo é boa proba diso: a súa capacidade de marcar a axenda e demandas é incuestionable…

A cidadanía non respectará a delegación pasiva, pois a política de cúpulas e sen participación activa da propia cidadanía morreu…

Non somos recheo

As forzas que configuran a actual oposición a Feijoo deberían reducir ao mínimo as diverxencias asociadas ás disputas polo poder interno. Aceitando a lexitimidade e mesmo a normalidade desas confrontacións, pois resulta pertinente constatar a pedagoxía negativa que proxectan fóra das súas fronteiras organizativas.

PD : A función dos MM.SS. non é ter postos en listas, aínda que non digo que non sexa valioso, creo eu que os partidos e os seus dirixentes deberían preocuparse máis polo contido, contar efectivamente cos MM.SS. e levar por exemplo as #As5DeLaPAH, xa que de non facelo, de non ter presente algo tan xusto e tan elemental diría moito das conviccións do ofertante. Por iso parécenos risible ese empeño en poñer activistas da PAH nas listas das organizacións como guinda ou adorno desa candidatura que quizais xa estaba mais que configurada .

Non somos adornos

A realidade deixou un panorama con luces e sombras. Un escenario de avances relevantes e aspiracións incumpridas. Particularmente, produciuse certa frustración dalgúns sectores sociais perante o relativo fracaso das mellores expectativas de ter un papel determinante nun posible Goberno de Progreso.

Pero esa tendencia subxectiva corre o risco de converterse en pasividade ou, o que é peor, desconcerto e pugna interna por eludir «aprendizaxes» e «responsabilidades». O grave sería non adecuarse á nova realidade co redeseño da estratexia de cambio. Así, é conveniente profundar nas características da situación actual e as leccións da última experiencia para conseguir o máximo de unidade no diagnóstico e, sobre todo, conformar unha nova orientación e dinámica política. Trátase dun debate amplo, sereno, unitario e construtivo para adecuar, xunto co resto do tecido asociativo, movementos veciñais, sociais e xente progresista, o gran proxecto colectivo de cambio.

Fronte á resignación e o fatalismo seguen vixentes a indignación e a aposta transformadora do SI SE PODE. Sen os MM.SS, Sen #Las5DeLaPAH o cambio non será posible.

*Adolfo Telmo Pérez é médico e activista da PAH – Stop Desafiuzamentos.